Este lugar lo ocupa normalmente una animación en FLASH, que no se está reproduciendo porque necesita actualizar su navegador
 
Inicio          Situación            Contactar      

Maquinaria para a extracción e manipulación de mariscos vivos

 

 

 

autoclave horizontal con intercambiador

CINTAS DE ACUMULACION E ALIÑAMENTO

  • ALFOGAR, ao longo dos anos e cunha ampla experiencia no transporte e manipulación de latas dentro das factorias conserveiras, fabrica baixo pedido , sistemas de alimentación a máquinas de todo tipo, desde empaquetado, aceitado, ata máquinas de peche ó estuchado sexa cal for o tipo de produto a manipular, ALFOGAR daralle unha solución á súa necesidade.
  • Fabricadas en aceiro inoxidable en calidades AISI-304, AISI-316 ou 316L asi como noutras calidades de aceiro inoxidable baixo demanda do cliente.
  • Construidas con bandas modulares de polipropileno, acetal ó charnelas, ideais para a alimentación ó recollida de latas de Liñas de produción para compensar as diferenzas de enchido a pechado ou de lavado de latas a estuchado, xa que todos os motores contan con variador de velocidade, mecánico ó electrónico, dependendo da necesidade do usuario.
  • Fabricadas practicamente a medida para cada cliente, segundo o espazo e uso a ter en conta.
  • Construido baixo normas CE 
 

 

 

cocedor de tunidos al vacio

CINTAS DE CUBERTA DE BARCO

  • Cintas montadas sobre a cuberta dun barco, ideais para un traballo óptimo sen necesidade de esforzos nin acarreos inútiles , de fácil manexo e simple manobra.
  • Pódese agrupar o produto encima da cinta encaixada sobre a cuberta permitindo o traballo continuo sen necesidade de paradas para a súa carga.
  • Accionamiento dos motores hidráulico ó eléctrico con mando de regulación de velocidade.
  • Construidas en aceiro inox .

 

   
clasificador mejillon concha

CLASIFICADOR MEXILLON CUNCHA

  • Máquina ideal para depuradoras de moluscos e barcos mexilloeiros, logrando un perfecto clasificado dos moluscos con grellas intercambiables permitindo os cambios de tamaño.
  • Clasificado por vibración da grella.
  • Accionamiento hidráulico ou eléctrico con regulación de vibración.
  • Adaptable e configurable ás necesidades do cliente.
   
equipos de pesaje

 

PESADORA AUTOMATICA

  • ALFOGAR deseña e fabrica diferentes sistemas de pesada, xa sexa para produtos vivos, procesados ou conxelados. Utilizamos varios tipos de pesada entre eles o que se mostra, con dobre cinta de alimentación a tolva de pesado, unha proporciona o caudal groso de produto e a outra o axuste fino.
  • Esta máquina é ideal para pequenas e medianas producións para as cales fabricamos na mesma máquina dúas versións diferentes, unha na cal traballamos de 1kg ata 5kg e a outra desde 5 kg ata 15 kg.
  • De fácil manexo e mobilidade é o elemento de pesada ideal para industrias que necesitan traballar unha gran variedade de produtos nun espazo reducido.
  • Fabricada en aceiro inoxidable A-316 e baixo normas CE.
  • Construido baixo normas CE
   

EXTRACTORA

  • Máquina e sistemas protexidos baixo patente internacional.

  • Esta máquina foi deseñada para extraer os moluscos dos bancos marisqueiros cun minimo de esforzo e gran eficacia, xa que se extrae todo o marisco na franxa de acción da máquina e ata unha profundidade máis aló dos métodos tradicionais.

  • De accionamiento hidráulico e montado sobre unha embarcación, dependendo o seu deseño do lugar de traballo, esta máquina pode traballar baixo demanda practicamente de xeito automático con controis de posición e altura, facendo desta montaxe unha planta de procesado na que se pode sumar máquinas de limpeza e clasificado para o seu posterior envio e distribución.

  • Construida en aceiro inox e baixo normas CE