Este lugar lo ocupa normalmente una animación en FLASH, que no se está reproduciendo porque necesita actualizar su navegador
 
Inicio          Situación            Contactar      

Liñas de Túnidos

 

 

 

autoclave horizontal con intercambiador

CINTAS DE LIMPEZA OU PROCESADO DE PEIXES

  • ALFOGAR, ao longo dos anos e cunha ampla experiencia no transporte e limpeza e procesado de peixe nas factorias conserveiras, fabrica baixo pedido, sistemas de cintas para obter os mellores rendementos da maquinaria, xa que deseña individualmente os proxectos definidos a medida do cliente.

  • Sexa cal for o tipo de peixe ou produto a manipular, ALFOGAR daralle unha solución á súa necesidade.

  • Fabricadas en aceiro inoxidable en calidades AISI-304, AISI-316 ou 316L (asi como noutras calidades de aceiro inoxidable baixo demanda do cliente).

  • Construidas con bandas modulares de polipropileno, acetal ó PVC, ideais para a alimentación ó recollida de latas de liñas de produción completas, para a limpeza de peixe con diferentes cintas, para a recepción do peixe, saida de desperdicios, saida dos diferentes tipos de despezamento por separado e control de produción.

  • Fabricadas practicamente a medida para cada cliente, segundo o espazo e uso a ter en conta.

  • Construido baixo normas CE

     

 

 

 

cocedor de tunidos al vacio

 

COCEDOR DE TÚNIDOS, CON OU SIN ARREFRIADO AO BALEIRO

  • Cocedor deseñado para unha maior optimización no proceso de cocción e limpeza de atún, conseguindo un maior rendemento no produto, diminuindo os tempos de arrefriado sen perder o grao de humidade óptimo do peixe con niveis nulos de oxidación.
  • Construido totalmente en aceiro inox calidade A-316,con tracción interior para o movemento dos carros. Portas con peche tipo bayoneta e accionamiento hidráulico.
  • Construido baixo normas CE
  • Dependendo do modelo poderemos obter producións de entre 3.000 e 6.000 kg. por ciclo de cocción.
   
cocedor de sardina estatico

 

 

COCEDOR ESTATICO

  • Este cocedor, tipo Churrusquiña, está deseñado para producións pequenas ou artesanais, con capacidade para un ou varios carros (dependendo do modelo elixido e necesidades do cliente), adaptando as dimensións á contorna.
  • Ideal para a cocción en grellas tanto a granel como en latas.
  • Fabricado en aceiro inox en calidade A-316 e equipado con válvulas de alimentación, aireación, purga, e baleirado para o control do mesmo.
  • Instalado co Equipo de Control de procesos ALFOGAR Mod.C-115, no cal podemos almacenar os programas de cocción para os distintos tipos de peixe.
  • Construido baixo normas CE

 

   
lavadora de cajas o parrillas

LAVADORA DE CAIXAS OU GRELLAS

Esta lavadora está ideada para o lavado continuo das caixas ou grellas, segundo o caso, de xeito continuo xa que cun só operario realizase a tarefa de alimentación e extracción das mesmas debido a que esta máquina pódese fabricar en dúas versións distintas.

1-) Con caida-retroceso ao momento de traballo do operario mediante baixada por guias.

2-) Con cinta de elevación e alimentador, de tal xeito o operario sitúase entre o palet de caixas sucias e o palet de caixas limpas, de maneira que deposita as caixas sucias continuamente sobre a cinta e cando salguen do lavado recólleas para colocalas no palet das limpas coa vantaxe de que se o operario observa que a caixa non está o suficientemente limpa déixaa pasar e volve ao lavado.

A lavadora consta de cinta de transporte interior, de dous tanques, un para o lavado con produtos de limpeza e o outro para o aclarado dos mesmos. Ambos os tanques dispón de serpentin ou inyector de vapor para o arrequecemento das augas, asi como sistemas de filtrado para a alimentación das bombas .
Construida en aceiro inox e baixo Normas CE.