Este lugar lo ocupa normalmente una animación en FLASH, que no se está reproduciendo porque necesita actualizar su navegador
 
Inicio          Situación            Contactar      

Liñas de sardiña

 

 

 

autoclave horizontal con intercambiador

CINTAS DE LIMPEZA OU PROCESADO DE PEIXES

  • ALFOGAR, ao longo dos anos e cunha ampla experiencia no transporte e limpeza e procesado de peixe nas factorias conserveiras, fabrica baixo pedido, sistemas de cintas para obter os mellores rendementos da maquinaria, xa que deseña individualmente os proxectos definidos a medida do cliente.
  • Sexa cal for o tipo de peixe ou produto a manipular, ALFOGAR daralle unha solución á súa necesidade.
  • Fabricadas en aceiro inoxidable en calidades AISI-304, AISI-316 ou 316L (asi como noutras calidades de aceiro inoxidable baixo demanda do cliente).
  • Construidas con bandas modulares de polipropileno, acetal ó PVC, ideais para a alimentación ó recollida de latas de liñas de produción completas, para a limpeza de peixe con diferentes cintas, para a recepción do peixe, saida de desperdicios, saida dos diferentes tipos de despezamento por separado e control de produción.
  • Fabricadas practicamente a medida para cada cliente, segundo o espazo e uso a ter en conta.
  • Construido baixo normas CE
 

 

 

cocedor de tunidos al vacio

COCEDOR CONTINUO DE SARDIÑA E OUTROS PEIXES

    • Cocedor continuo para sardiña ou outros peixes, ideal para a cocción co produto emparrillado ou en lata, a cocción é continua sen parada algunha tanto para o proceso de carga como de descarga, con zona de secado por aire forzado.
    • O transporte do peixe realizase mediante cadeas de aceiro inox con eixos transversais e bandexas que desaguan os liquidos e graxas do produto durante a cocción ás canles de recollida.
    • O cocedor conta con sistema de variación de velocidade para regular o tempo de cocción, variable entre 15 e 300 minutos. Inclúe equipo de regulación e rexistro de temperatura para a zona de cocción e secado..
   
cocedor de sardina estatico

 

 

COCEDOR DE SARDIÑA OU PELAXICOS ESTATICO

  • Este cocedor, tipo Churrusquiña, está deseñado para producións pequenas ou artesanais, con capacidade para un ou varios carros (dependendo do modelo elixido e necesidades do cliente), adaptando as dimensións á contorna
  • Ideal para a cocción en grellas tanto a granel como en latas.
  • Fabricado en aceiro inox en calidade A-316 e equipado con válvulas de alimentación, aireación, purga, e baleirado para o control do mesmo.
  • Instalado co Equipo de Control de procesos ALFOGAR Mod.C-115, no cal podemos almacenar os programas de cocción para os distintos tipos de peixe.
  • Construido baixo normas CE 

 

   
equipos de pesaje

EQUIPOS DE PESAXE

  • ALFOGAR deseña e fabrica un amplo abanico de equipos e sistemas de pesada estáticos, móbiles ou dinámicos, podéndose integrar en liñas de traballo sen problema algún.
  • Fabricamos balanzas ou básculas para caixas de diversos tamaños e cargas, desde a báscula de 50kg e formato 300x300 mm con visor e alimentación á rede eléctrica ou mediante baterias, ata as de medidas de 2.000x2.500mm cunha carga de ata 5.000 kg.
  • Integramos tamén os sistemas de pesada en cintas ou sistemas de carga continua totalmente automatizados.
  • Fabricación en aceiro inoxidable e baixo normas CE..
   
Evisceradora

EVISCERADORA

  • As Evisceradoras están deseñadas para o descabezado e eviscerado da sardiña ou outros peixes similares, talles como a caballa ou a agulla. Baixo pedido, á máquina incorpóraselle o corte da cola do peixe.
  • Os cortes practicanse mediante coitelas circulares regulables para os distintos tipos e tamaños de peixe.
  • A extracción das visceras realizase mediante un sistema sen carga.
  • Cunha produción media de ata 150 pescados/minuto en máquina individual. En calquera caso, esta produción pode aumentar en función da habilidade dos operarios, xa que a velocidade da máquina é totalmente regulable.
  • A instalación desta máquina pódese realizar de xeito individual, en bateria, colocando varias máquinas por separado ou en paralelo dous a dúas unidas polo tanque central de alimentación de peixes ás máquinas.
  • Construida totalmente en aceiro inoxidable A-316 e baixo normas CE

 

   
Descongelador continuo

DESCONXELADOR CONTINUO

  • O descongelador continuo é unha máquina principalmente de axuda ao procesado de peixe ou cefalópodos conxelados, xa que non é necesaria unha espera de xornadas de traballo para que se descongele o produto, senón que é un traballo en liña cunha diferenza de comezo da xornada de procesado de só unha hora de antelación con diferenza do resto da liña. Coa vantaxe de que a alimentación á liña de procesado é continua e totalmente regulable.
  • O descongelador está composto dunha cinta de alimentación ao depósito, depósito deseñado en canto á capacidade que se demande, grupo de bombas de recirculación con filtro de aspiración de gran caudal, grupo de arrequecemento por vapor segundo a temperatura que se desexa alcanzar, e cinta transportadora de saida.
  • Fabricado en aceiro inoxidable A-316 e baixo normas CE.

   
lavadora de cajas o parrillas

LAVADORA DE CAIXAS OU GRELLAS

  • Esta lavadora está ideada para o lavado continuo das caixas ou grellas, segundo o caso, de xeito continuo xa que cun só operario realizase a tarefa de alimentación e extracción das mesmas debido a que esta máquina pódese fabricar en dúas versións distintas.

    1-) Con caida-retroceso ao momento de traballo do operario mediante baixada por guias.

    2-) Con cinta de elevación e alimentador, de tal xeito o operario sitúase entre o palet de caixas sucias e o palet de caixas limpas, de maneira que deposita as caixas sucias continuamente sobre a cinta e cando salguen do lavado recólleas para colocalas no palet das limpas coa vantaxe de que se o operario observa que a caixa non está o suficientemente limpa déixaa pasar e volve ao lavado.

    A lavadora consta de cinta de transporte interior, de dous tanques, un para o lavado con produtos de limpeza e o outro para o aclarado dos mesmos. Ambos os tanques dispón de serpentin ou inyector de vapor para o arrequecemento das augas, asi como sistemas de filtrado para a alimentación das bombas .
    Construida en aceiro inox e baixo Normas CE.
 
tolva

TOLVAS DE ALMACENAXE E DESPERDICIO

  • En ALFOGAR deseñamos, fabricamos e instalamos tolvas de almacenaxe para distintos produtos, asi como para recepción de mercancias a granel, do mesmo xeito que se aplica ás tolvas de almacenamento de desperdicios.
  • Baixo demanda pódense instalar sistemas de almacenaxe e transporte dos produtos totalmente automatizados .
  • Fabricadas en aceiro inoxidable.