Este lugar lo ocupa normalmente una animación en FLASH, que no se está reproduciendo porque necesita actualizar su navegador
 
Inicio          Situación            Contactar      

Liñas de procesado ou envasado

 

 

 

autoclave horizontal con intercambiador

CINTAS DE LIMPEZA OU PROCESADO DE PEIXES

  • ALFOGAR, ao longo dos anos e cunha ampla experiencia no transporte e limpeza e procesado de peixe nas factorias conserveiras, fabrica baixo pedido, sistemas de cintas para obter os mellores rendementos da maquinaria, xa que deseña individualmente os proxectos definidos a medida do cliente.
  • Sexa cal for o tipo de peixe ou produto a manipular, ALFOGAR daralle unha solución á súa necesidade.
  • Fabricadas en aceiro inoxidable en calidades AISI-304, AISI-316 ou 316L (asi como noutras calidades de aceiro inoxidable baixo demanda do cliente).
  • Construidas con bandas modulares de polipropileno, acetal ó PVC, ideais para a alimentación ó recollida de latas de liñas de produción completas, para a limpeza de peixe con diferentes cintas, para a recepción do peixe, saida de desperdicios, saida dos diferentes tipos de despezamento por separado e control de produción.
  • Fabricadas practicamente a medida para cada cliente, segundo o espazo e uso a ter en conta.
  • Construido baixo normas CE
 

 

 

autoclave horizontal con intercambiador

CINTAS DE ACUMULACION E ALIÑAMENTO

  • ALFOGAR, ao longo dos anos e cunha ampla experiencia no transporte e manipulación de latas dentro das factorias conserveiras, fabrica baixo pedido , sistemas de alimentación a máquinas de todo tipo, desde empaquetado, aceitado, ata máquinas de peche ó estuchado sexa cal for o tipo de produto a manipular, ALFOGAR daralle unha solución á súa necesidade.
  • Fabricadas en aceiro inoxidable en calidades AISI-304, AISI-316 ou 316L asi como noutras calidades de aceiro inoxidable baixo demanda do cliente.
  • Construidas con bandas modulares de polipropileno, acetal ó charnelas, ideais para a alimentación ó recollida de latas de Liñas de produción para compensar as diferenzas de enchido a pechado ou de lavado de latas a estuchado, xa que todos os motores contan con variador de velocidade, mecánico ó electrónico, dependendo da necesidade do usuario.
  • Fabricadas practicamente a medida para cada cliente, segundo o espazo e uso a ter en conta.
  • Construido baixo normas CE
   
equipos de pesaje

 

 

DESARENADOR DE VIANDAS

  • Esta máquina está deseñada para un desarenado ou desbabe de mariscos , cun sistema que simula a ondada logramos que as valvas deixen sair a area que gardan ainda no seu interior, coa vantaxe de que os mariscos non sofren algún tipo de trauma durante o proceso , co cal logramos un bo acabado do produto sen roturas indesexables.
  • Construida en aceiro inox.
  • Control de temperatura da auga e regulación de velocidade da ondada.
  • Construido baixo normas CE.
   
equipos de pesaje

 

EQUIPOS DE PESAXE

  • ALFOGAR deseña e fabrica un amplo abanico de equipos e sistemas de pesada estáticos, móbiles ou dinámicos, podéndose integrar en liñas de traballo sen problema algún.
  • Fabricamos balanzas ou básculas para caixas de diversos tamaños e cargas, desde a báscula de 50kg e formato 300x300 mm con visor e alimentación á rede eléctrica ou mediante baterias, ata as de medidas de 2.000x2.500mm cunha carga de ata 5.000 kg.
  • Integramos tamén os sistemas de pesada en cintas ou sistemas de carga continua totalmente automatizados.
  • Fabricación en aceiro inoxidable e baixo normas CE.
   
Evisceradora

EVISCERADORA

  • As Evisceradoras están deseñadas para o descabezado e eviscerado da sardiña ou outros peixes similares, talles como a caballa ou a agulla. Baixo pedido, á máquina incorpóraselle o corte da cola do peixe.
  • Os cortes practicanse mediante coitelas circulares regulables para os distintos tipos e tamaños de peixe.
  • A extracción das visceras realizase mediante un sistema sen carga.
  • Cunha produción media de ata 150 pescados/minuto en máquina individual. En calquera caso, esta produción pode aumentar en función da habilidade dos operarios, xa que a velocidade da máquina é totalmente regulable.
  • A instalación desta máquina pódese realizar de xeito individual, en bateria, colocando varias máquinas por separado ou en paralelo dous a dúas unidas polo tanque central de alimentación de peixes ás máquinas.
  • Construida totalmente en aceiro inoxidable A-316 e baixo normas CE

 

   
lavadora de cajas o parrillas

LAVADORA DE CAIXAS OU GRELLAS

Esta lavadora está ideada para o lavado continuo das caixas ou grellas, segundo o caso, de xeito continuo xa que cun só operario realizase a tarefa de alimentación e extracción das mesmas debido a que esta máquina pódese fabricar en dúas versións distintas.

1-) Con caida-retroceso ao momento de traballo do operario mediante baixada por guias.

2-) Con cinta de elevación e alimentador, de tal xeito o operario sitúase entre o palet de caixas sucias e o palet de caixas limpas, de maneira que deposita as caixas sucias continuamente sobre a cinta e cando salguen do lavado recólleas para colocalas no palet das limpas coa vantaxe de que se o operario observa que a caixa non está o suficientemente limpa déixaa pasar e volve ao lavado.

A lavadora consta de cinta de transporte interior, de dous tanques, un para o lavado con produtos de limpeza e o outro para o aclarado dos mesmos. Ambos os tanques dispón de serpentin ou inyector de vapor para o arrequecemento das augas, asi como sistemas de filtrado para a alimentación das bombas .
Construida en aceiro inox e baixo Normas CE.

   
equipos de pesaje

 

PESADORA AUTOMATICA

  • ALFOGAR deseña e fabrica diferentes sistemas de pesada, xa sexa para produtos vivos, procesados ou conxelados. Utilizamos varios tipos de pesada entre eles o que se mostra, con dobre cinta de alimentación a tolva de pesado, unha proporciona o caudal groso de produto e a outra o axuste fino.
  • Esta máquina é ideal para pequenas e medianas producións para as cales fabricamos na mesma máquina dúas versións diferentes, unha na cal traballamos de 1kg ata 5kg e a outra desde 5 kg ata 15 kg.
  • De fácil manexo e mobilidade é o elemento de pesada ideal para industrias que necesitan traballar unha gran variedade de produtos nun espazo reducido.
  • Fabricada en aceiro inoxidable A-316 e baixo normas CE.